O Consello da Xuventude de Galicia organiza os obradoiros de CreAcción INFORMATIVA co obxectivo de que os profesionais da información estendan entre os blogueros algunhas das súas ferramentas para conseguir unha "semiprofesionalización" da Blogosfera.
Convócasen dous obradoiros, do 1 ao 4 de outubro e do 8 ao 11 de outubro. Estes obradoiros impartiranse na Rede de Telecentros que dispón por toda Galicia a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual. O horario é de 16.00 a 20.00 h.
Os telecentros (salas web) nos que se impartirán os obradoiros son: Centro Multimedia de Galicia (Santiago de Compostela), Aula de Produtos Lácteos (Lugo), Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña), ETSET (Vigo), Boiro, Verín y Ribeira.
A matrícula é gratuíta. A inscrición realizarase a través da web do Centro Multimedia de Galicia:
https://www.cmg.xunta.es/ReservasCursos/.
A admisión aos obradoiros realizarase por orde de inscrición; no caso de que a demanda supere a oferta, avaliarase para a admisión o proxecto de blog que queremos por en marcha (ou que xa temos).