Imprimir Página - Curso "Cómo ser relacións públicas na Rede"

Más Hardware

Categoría General => Formación => Mensaje iniciado por: infonet7 en Abril 15, 2008, 01:33:00



Título: Curso "Cómo ser relacións públicas na Rede"
Publicado por: infonet7 en Abril 15, 2008, 01:33:00
 Curso "Cómo ser relacións públicas na Rede"  organizado polo CXG na RTC

 Comeza novamente a programación anual de cursos do Consello da Xuventude de Galicia ( http://www.cxg.org ). Este ano realizaranse 3 accións formativas baixo a denominación "Cómo ser relacións públicas na Rede" (120 horas + titoría on-line) con inicio en maio, finais de setembro e novembro.

 A primeira delas dará comezo o vindeiro día 6 maio e celebrarase nos seguintes Telecentros de Comunicación: Santiago (CMG), Lugo (APL), A Coruña (BPMGG), Vigo (Concello) e Monterroso.

 O obxectivo do curso é cualificar aos/ás participantes para desempeñar este posto, como novo xacemento de emprego.


 Podes solicitar a reserva de praza na dirección: https://www.cmg.xunta.es/ReservasCursos/


 Información detallada sobre o programa:
 
 Persoas destinatarias:

 Este curso está especialmente dirixido a moz@s. O proxecto formativo "Cómo ser Relacións Públicas na Rede" nace coa vocación práctica de mellorar a empregabilidade, cualificando aos participantes en funcións propias de novos xacementos de emprego de crecente demanda relacionadas co desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e comunicación (TICs). As competencias que se traballarán integran (todo ou parte) dos seguintes perfís profesionais:

 - Responsable de relacións públicas na Rede.
 - Xestor de imaxe en entornos virtuais.
 - Técnico auxiliar de marketing electrónico.
 - Webmaster de contidos para internet.

 O número de prazas por localidade ven determinado pola capacidade de cada aula.

 Horarios e duración:

 O curso ten unha duración total de 120 horas en aula, con horario de luns a xoves, de 09.00 a 14.00 h. Establécese tamén unha titoría on-line a disposición d@s participantes, tanto durante as sesións en aula como no mes posterior ao remate de ditas sesións.

 Programa:

 MODULO 1: AS RELACIÓNS PÚBLICAS NA REDE.
COMPETENCIA PROFESIONAL A.- Coñecer o espazo de interacción pública de
referencia (qué é o
ciberespazo): características e propiedades.
1. Ciberespazo e cibercultura.
COMPETENCIA PROFESIONAL B.- Coñecer as linguaxes de transmisión da
información existentes
no ciberespazo (establecendo correspondencias coas linguaxes de la
transmisión de información
existentes no mundo real).
2.- A virtualización da información.
2.1.- Hipertexto.
2.2.- Multimedia.
COMPETENCIA PROFESIONAL C.- Converter esas linguaxes de transmisión de
información en
comunicación.
3.- A virtualización da comunicación.
3.1.- Qué é e cómo funciona a lóxica visual na comunicación.
3.2.- A mensaxe visual: imaxe e palabra.
COMPETENCIA PROFESIONAL D.- Interactuar no ciberespazo:
 Marcar obxectivos e elixir "nichos" para a interacción: qué comunidades
virtuais son as máis
axeitadas para acadar os obxectivos pretendidos.
4.1.- Comunidades no ciberespacio.
4.1.1.- O problema da identidade.
4.1.2.- Estructura e dinámica da comunidade.
4.1.3.- Posibilidades e límites na colaboración on-line.
4.1.4.- Interacción on-line.
4.1.4.1.- Redes de coñecemento: wikis.
4.1.4.2.- Información participativa: blogosfera.
4.1.4.3.- Redes sociais.
 Coñecer as técnicas de interacción pasiva (capacidade de escoita) e
interacción activa
(capacidade de "escribir" para o ciberespazo: escribir, deseñar, editar, ...
)
4.2.- Técnicas de redacción para Internet.
4.2.1.-Procesos de redacción.
4.2.1.1.- Antes de escribir.
4.2.1.2.- Composición textual e storyboard.
4.2.1.3.- Titulares e palabras clave.
4.2.1.4.- Estratexias de construcción hipertextual.
4.2.1.5.- Uso de enlaces.
4.2.1.6.- Estilos de redacción.
4.2.2.- Xéneros de redacción.
4.2.2.1.- Noticia.
4.2.2.2.- Crónica.
4.2.2.3.- Blog.
4.2.2.4.- Entrevista e outros xéneros dialóxicos.
4.2.2.5.- Reportaxe.
4.2.2.6.- Columna.
4.2.2.7.- Comentario.
4.2.2.8.- Infografía.
 Coñecer os campos de aplicación da interacción.
4.3.- Campos de aplicación da interacción
4.3.1- A inmersión: o texto como mundo.
4.3.2.- A interactividade: o texto como xogo.
4.3.3.- A interactividade participativa nos medios electrónicos.
4.3.3.1.- Xogos de ordenador e MOO (dominios multiusuario con obxectos).
4.3.3.2.- Sistemas de diálogo automatizados.
4.3.3.3.- Drama interactivo.
4.3.3.4.- Deseño de avatares.
4.3.3.4.1.- Configuración para comunidades virtuais.
4.3.3.4.2.- Ferramentas convencionais de chat ou de visualización en 3D.
4.3.3.4.3.- "Second life" e mundos virtuais.
COMPETENCIA PROFESIONAL E.- Coñecer as técnicas de comunicación para
interactuar no
ciberespazo: cómo atraer o interese dos demais e influír neles.
5.- Técnicas de Comunicación para Internet.
5.1.- Técnicas para o desenrolo da capacidade de comunicación.
5.1.1.- Cómo atraer o interese dos demais.
5.2.- A arte de influír.
5.2.1.- Comunicación versus Influencia.
5.2.2.- Propaganda, venda, persuasión, publicidade e seducción.
5.2.3.- Técnicas de influencia.
5.2.3.1.- Sobre posturas.
5.2.3.2.- Sobre relacións.
5.2.3.3.- Sobre normas.
5.2.3.4.- Sobre identidades.
MODULO 2: FERRAMENTAS PARA AS RELACIÓNS PÚBLICAS
COMPETENCIA PROFESIONAL F.- Coñecer as linguaxes básicas para a edición
electrónica:
1.- Introducción ás ferramentas de edición de documentos para Internet.
1.1.- Internet como linguaxe multimedia.
1.1.1.- Hipertexto.
1.1.2.- Edicións dinámicas.
1.1.2.1.- Programación básica para a cibercomunicación.
1.2.- Cálculo do 'peso' da mensaxe: Principio de proporcionalidade.
COMPETENCIA PROFESIONAL G.- Coñecer ferramentas de interacción:
2.- Ferramentas de interacción en Internet.
2.1- Ferramentas 'pasivas'.
2.1.1.- Sistemas de recuperación de información
2.1.1.1.- Motores de busca.
2.1.1.2.- Multibuscadores.
2.1.1.3- Web invisible.
2.1.2.- Portais informativos.
2.1.2.1- Tipoloxía de portais.
COMPETENCIA PROFESIONAL H.- Coñecer ferramentas de comunicación:
3.1.- Correo electrónico.
3.2.- Grupo de noticias.
3.3.- Foros de discusión.
3.4.- Chat.
3.5.- P2P (Messenger, ...)
3.6.- Weblogs.
3.7.- Agregado de noticias e indicadores de contidos: RSS.
3.8.- Centrais de compras.
MODULO 3: ELABORAR UN PLAN DE RELACIÓNS PÚBLICAS NA REDE.
COMPETENCIA PROFESIONAL I.- Saber a quén comunicar, qué, para qué e cómo.
1.- Modelo xeral de Relacións Públicas.
1.1.- Diagnóstico e detección de necesidades.
1.2.- Estratexia de Relacións Públicas.
1.2.1.- Obxectivos.
1.2.2.- Mensaxes clave.
1.2.3.- Públicos meta.
1.2.4.- Loxística: cómo comunicar.
COMPETENCIA PROFESIONAL J.- Adecuar a mensaxe aos obxectivos e
destinatarios da mensaxe.
2.- Comunicación Publicitaria Interactiva en Internet (C.P.I.).
2.1.-Principios de marketing interactivo.
2.2.-Plan de acción publicitaria en Internet.
2.2.1.-Proceso de realización
COMPETENCIA PROFESIONAL K.- Saber cómo relacionarse dentro dun grupo ou
comunidade virtual:
Comunicación "ad intra".
3.- Plan de relacións públicas interno.
COMPETENCIA PROFESIONAL L.- Saber cómo relacionarse co público en xeral:
comunicación "ad
extra".
4.- Plan de relacións públicas externo.



Un cordial saúdo.
http://www.cmg.xunta.es
http://telecentros.comunicacion.xunta.es